Inicio Galicia A Xunta busca a colaboración das entidades locais para que Galicia se...

A Xunta busca a colaboración das entidades locais para que Galicia se beneficie dunha Estratexia Dixital única cara a vindeira década

0

A directora da Amtega mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Fegamp, das deputacións provinciais e das principais cidades galegas

A Xunta incorpora aos representantes das entidades locais ao proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) co obxectivo de avanzar na colaboración entre diferentes niveis administrativos para configurar un única folla de ruta dixital cara a vindeira década.

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais e das principais cidades galegas para articular súa participación na elaboración da futura estratexia dixital.

A coordinación das políticas públicas das diferentes administracións é un elemento esencial para á construción da Galicia Dixital. O obxectivo desta colaboración é o establecemento dun marco común de desenvolvemento dixital como comunidade, que será un elemento diferencial de competitividade no novo marco europeo.

Desde a Xunta búscase traballar cos representantes das entidades locais para sumar esforzos en eixos prioritarios como infraestruturas e plataformas intelixentes no territorio, as competencias e o talento dixital na Comunidade, a garantía de confianza e seguridade nun contexto dixital para cidadáns, empresas e administracións públicas.

Proceso de elaboraciónEsta xuntanza supón un novo fito no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrancaba o pasado mes de xullo coa celebración dos foros de debate profesional, nos que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación.

Representantes das principais empresas da Comunidade, do Hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil abordaron nestes encontros posibles liñas de actuación da futura Estratexia en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital Economía Aberta, e Especialización Tecnolóxica.

A principios deste mes constituíuse un comité de expertos, integrado por 22 académicos do ámbito tecnolóxico, industrial, económico, xurídico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres universidades galegas, que sumará as súas achegas á futura estratexia dixital galegaEDG2030A Estratexia Dixital de Galicia 2030 quere contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

MetodoloxíaPara a elaboración da EDG2030 establécese a metodoloxía de elaboración derivada do Centro Común de Investigacións da UE, contando con paneis de profesionais non soamente tecnolóxicos, senón tamén do ámbito do dereito, a economía e as humanidades.

Estas achegas multidisciplinares serán de especial relevancia á hora de facer fronte ás cuestións éticas, xurídicas, e económicas derivadas dos novos modelos sociais e económicos vinculados á Intelixencia artificial, ao tratamento dos datos, ás adiccións, aos ciberdelitos ou o futuro do emprego…entre outras

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre