Inicio Galicia A Xunta brinda medidas de apoio e promoción ao sector da provincia...

A Xunta brinda medidas de apoio e promoción ao sector da provincia da Coruña no Plan de reactivación turístico autonómico

0

Ovidio Rodeiro destacou que é un plan elaborado en colaboración cos profesionais desta área e puxo en valor o seu carácter transversal con medidas orientadas á reactivación económica


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Juan Cividanes, presentaron hoxe por videoconferencia aos profesionais do sector o Plan de reactivación do sector turístico galego fronte ao coronavirus, que foi a probado no Consello da Xunta que se porá en marcha este mesmo mes de maio.

No encontro achegouse información sobre as principais medidas adoptadas para a reactivación do sector turístico.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro afondou na importancia de pór en marcha un Plan como este, cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas, das que case 30 son referidas ao eido do turismo, coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

A Coruña, destino seguroComo explicou, trátase duha folla de rápida, directa e consensuada co sector, como así o demostra as máis de 60 xuntanzas e contactos con máis de 230 axentes do sector, recibíndose preto de 170 propostas, das que o 71% foron incorporadas á redacción deste plan de reactivación. “O obxectivo é presentar Galicia como un destino seguro”, explicou a directora de Turismo recordando a importancia da provincia da Coruña –que representa o 40% da demanda turística galega- terá neste novo escenario.

Por iso, como abordou na súa intervención, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción de destino adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas turísticas, así como un programa de Queda en Galicia para o turismo interno, entre outras accións. O plan prevé, ademáis, que o Ano Santo funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística. A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.

Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, explicou na súa intervención que a Xunta traballa por minimizar o impacto da crise no conxunto empresarial poñendo en marcha medidas que facilitan a reactivación da actividade de pemes e autónomos, acompañándoos con respostas urxentes que permitan facer fronte ás súas necesidades. Cividanes destacou que, tanto as novas liñas de axudas como os programas que se están a reforzar inciden en apoiar a liquidez dos colectivos empresariais máis vulnerables e os traballadores e promoven a dixitalización como unha das claves do novo entorno económico, ao tempo que inciden en garantir a confianza e a seguridade dos consumidores.

Entre os programas xa activados atópase a liña de préstamos sen intereses destinados a autónomos e pemes e os anticipos a traballadores afectados por un Erte.

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que “confíamos no turismo galego como un dos sectores fundamentais para saír da crise económica e social que lamentablemente está por vir unha vez remate a crise sanitaria”. Ademais, engadiu que “estamos ante un plan que foi elaborado en colaboración directa coas empresas e cos profesionais do turismo, xa que entendemos que é imprescindible o traballo conxunto de todos para reinventar o sector a través de medidas concretas e coordinadas”. Outros dos aspectos a ter en contar é que “elaboramos unha proposta transversal que ocupa e preocupa a todo o goberno galego e que tamén conta cunha parte importante das súas medidas orientadas á reactivación económica das empresas e a súa solvencia financeira”:O delegado territorial agradeceu ás case 600 persoas que participaron no evento que fixeron chegar ás súas dúbidas e preguntas aos ponentes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre