Inicio Galicia A Xunta avoga por seguir estendendo a atención á dependencia e reforzar...

A Xunta avoga por seguir estendendo a atención á dependencia e reforzar o apoio ás persoas con discapacidade na toma de posesión do novo director xeral da área

0

Fabiola García apuntou ao reforzamento da atención á dependencia e a axilización das valoracións das persoas con distintas capacidades entre os retos que ten por diante o novo responsable da área de Maiores e Discapacidade


A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, presidiu hoxe a toma de posesión de Ildefonso de la Campa Montenegro como director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, que viña desempeñando funcións como asesor na Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia e que ata hai uns meses ocupou o cargo de director xeral de Migracións na Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España. No acto, que tivo lugar na sala de xuntas da Consellería en San Caetano, tamén estiveron presentes representantes de diferentes entidades sociais.

Na súa intervención, a titular de Política Social salientou a experiencia de Ildefonso de la Campa noutras áreas da administración tanto autonómica como central, ao tempo que destacou del a súa experiencia, capacidade de traballo, talante, vocación de diálogo e sensibilidade. “Dediquei os dous últimos anos da miña vida profesional á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que a miña prioridade é que as entidades, persoal funcionario e persoas ás que se dirixen as actuacións desta área tiveran o director xeral que merecen e Ildefonso cumpre cos requisitos”, manifestou.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Ademais, Fabiola García repasou os retos que ten por diante o novo responsable, entre outros “seguir incrementando o número de dependentes atendidos”. Neste sentido, declarou que “chegar aos 60.000 dependentes con prestación este mesmo ano é un paso máis pero non é o fin do camiño, posto que temos que conseguir que todas as persoas teñan acceso aos recursos e que estes sexan adecuados ao que precisan”. Así mesmo, outra das metas que fixou foi a de “continuar reforzando o apoio e atención ás persoas dependentes e ás súas familias e que estas sexan valoradas no menor tempo posible”.

Compromiso e sensibilidadePola súa banda, Ildefonso de la Campa, agradeceu a confianza depositada nel, ao tempo que garantiu o seu compromiso e sensibilidade “coa nosa terra e a nosa xente”. Ao respecto, asegurou que que dará “o mellor de min no traballo que agora emprendo na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade”O novo director xeral, de 51 anos de idade e natural de Vigo, cursou estudios na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ocupou o cargo de asesor da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas e da Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, para incorporarse a continuación á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta como asesor de protocolo, relaciones públicas e acción exterior, posto no que foi o encargado da planificación e coordinación de axenda con institucións e organizacións internacionais.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Posteriormente, De la Campa Montenegro exerceu labores de xefe de Gabinete na extinta Consellería de Emigración, Inmigración e Cooperación Exterior e na Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Tamén foi director xerente da Fundación Pública Galega “Axencia Humanitaria de Galicia”, encargada de coordinar a resposta da administración pública galega y dos servizos de emerxencia de Galicia en catástrofes humanitarias no estranxeiro.

Ildefonso de la Campa tamén traballou na empresa privada como director xeral en dúas empresas especializadas na planificación, xestión e seguimento de proxectos estratéxicos en diferentes sectores produtivos i é autor de diferentes publicacións no ámbito das migracións e dos dereitos humanos.

Ata hai uns meses o novo director xeral de Maiores e Discapacidade da Consellería de Política Social ocupaba o cargo de director Xeral de Migracións na Secretaría Xeral de Inmigración i Emigración, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e na actualidade era asesor na Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia. 


- Te recomendamos -