Inicio Galicia A Xunta avoga por impulsar o crecemento económico dos territorios a través...

A Xunta avoga por impulsar o crecemento económico dos territorios a través de modelos baseados na innovación e no capital humano

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, abriu esta mañá en Vigo o foro transfronteirizo A Economía Social na Economía Circular

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, abriu esta mañá en Vigo o foro transfronteirizo A Economía Social na Economía Circular, enmarcado no proxecto Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social (Laces) dentro do programa Interreg V-A España Portugal (Poctep). No acto defendeu a necesidade de impulsar un crecemento económico dos territorios a través de modelos baseados na innovación e no capital humano.

O evento permitirá descubrir experiencias empresariais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vinculadas coa economía social e circular e relacionadas coa automoción, a moda ou a industria, así como experiencias sobre xestión de residuos.

O obxectivo é impulsar novos modelos de produción e consumo que sexan máis sustentables, así como identificar estratexias de creación de empresas baseadas na economía social e na economía circular.

Na súa intervención, a secretaria xeral puxo en valor o traballo conxunto que están a desenvolver ambas as dúas rexións para conseguir territorios máis igualitarios e con máis oportunidades a través de empresas enfocadas ás persoas e cunha maior cohesión territorial e social.

Galicia está comprometida co desenvolvemento deste modelo a través da Estratexia Galega de Economía Social que destinará ata 2021, un total de 73M€ co obxectivo de incrementar un 10% as súas entidades; aumentar un 20% os novos empregos vinculados; conseguir que o 50% de mulleres promotoras; ou reducir á metade o tempo de constitución de entidades. No foro tamén se presentará a Estratexia Galega de Economía Circular da Xunta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre