Inicio Galicia A Xunta avoga por fomentar a pesca deportiva entre a xuventude a...

A Xunta avoga por fomentar a pesca deportiva entre a xuventude a través de accións formativas e de sensibilización

0

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reuniuse con David Arcay, catro veces campión do mundo de pesca a mosca, para falar do futuro deste sector e da necesidade de garantir o seu relevo xeracional en Galicia


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avoga por impulsar e fomentar a práctica da pesca deportiva en Galicia entre a mocidade. Así llo trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao catro veces campión do mundo de pesca a mosca, o galego David Arcay, con quen mantivo unha reunión de traballo durante a que coincidiron na importancia de garantir o relevo xeracional nun sector de gran importancia en Galicia.

A traxectoria de David Arcay, deportista galego de alto nivel e o tricampión do mundo máis xove da historia na súa categoría, convérteo nestes momentos nun dos principais referentes a nivel internacional dentro do sector da pesca deportiva fluvial. Por este motivo, Belén do Campo subliñou a importancia de que Galicia conte con deportistas tan recoñecidos coma el á hora de conseguir espertar o interese de nenos e mozos por este tipo de disciplina.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

A pesca sen morte é unha modalidade que permite conxugar a práctica deportiva co obxectivo de sustentabilidade ambiental que orienta as distintas políticas da consellería. Por este motivo, tal e como lle trasladara xa a conselleira Ángeles Vázquez á Federación Galega de Pesca e Casting en outubro, un dos obxectivos da Xunta neste eido é o de dar a coñecer e fomentar a pesca sen morte entre as novas xeracións.

Para lograr este obxectivo, Belén do Campo e David Arcay coincidiron en que o camiño a seguir debe ser apostar pola concienciación, a formación e o fomento dos valores deportivos e medioambientais asociados a esta modalidade entre o público máis novo.

Nesta liña, a Consellería de Medio Ambiente traballa para potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural, así como do seu aproveitamento deportivo sustentable; fomentar a pesca sen morte como medida de conservación destes recursos; e impulsar o emprego das técnicas de pesca menos lesivas.

Así mesmo, cómpre lembrar que entre os plans deste departamento para o próximo ano tamén figura o impulso a unha nova Lei de Pesca Fluvial consensuada co sector e que permitirá actualizar nesta liña a normativa actualmente vixente, que data de 1992.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

- Te recomendamos -