Inicio Galicia A Xunta avoga por consolidar Galicia como unha potencia termal cun aproveitamento...

A Xunta avoga por consolidar Galicia como unha potencia termal cun aproveitamento ordenado e sustentable dos recursos

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala en Vigo que a Lei de aproveitamento lúdico das augas termais impulsará o desenvolvemento turístico e económico de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou durante a súa intervención na apertura da xornada Termalismo sostible para o século XXI, que a Xunta avoga por consolidar Galicia como unha potencia termal apostando por un aproveitamento ordenado e sustentable dos recursos naturais.

Conde fixo fincapé en que que se deben consensuar propostas que sexan respectuosas co entorno termal. Por iso, sinalou que se están ofrecendo medios que fagan compatible o desenvolvemento empresarial coa conservación dos espazos naturais. Neste contexto situou a Lei de aproveitamento lúdico das augas termais, unha normativa pioneira en toda España.

Esta norma permitirá, tal e como subliñou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, que o sector siga crecendo, potenciando o desenvolvemento turístico e económico de Galicia ao tempo que se aposta pola seguridade, a salubridade e o aproveitamento ordenado e sustentable para consolidar a excelencia do termalismo galego. Así, tal e como explicou Conde, a nova Lei achega unha distinción clara entre espazos termais e establecementos balnearios; e afonda na simplificación do procedemento para obter o título de aproveitamento lúdico, ao tempo que se establecen as sancións oportunas no caso de que se vulnere o respecto á salubridade.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria lembrou que Galicia é unha das maiores potencias europeas neste sector pola riqueza en augas minerais e termais. Así, a Comunidade conta con 300 captacións de augas mineromedicinais, a segunda cidade europea con máis reservas deste tipo (Ourense), e con 21 balnearios, que supoñen o 20% da oferta nacional do sector.

Ademais, 7 dos 33 balnearios españois con Q de calidade turística están situados en Galicia, que conta 3.000 prazas hoteleiras neste ámbito, a maior oferta de toda España. Conde remarcou que o sector permite un desenvolvemento sustentable ao tempo que xera riqueza nas comarcas galegas, especialmente nas zonas do interior, cunha facturación de 60 millóns de euros e 1.400 empregos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre