Inicio Galicia A Xunta avoga por aproveitar as novas oportunidades que a fábrica intelixente...

A Xunta avoga por aproveitar as novas oportunidades que a fábrica intelixente ofrece para gañar en competitividade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na entrega dos galardóns da III Noite da Industria en Lugo onde puxo en valor as oportunidades que a fábrica intelixente ofrece para marcar a diferenza e gañar en competitividade.

O titular de Economía defendeu que Galicia conta cunha industria comprometida coa implantación de boas prácticas e sinalou que actos como o de a Noite da Industria son necesarios para visibilizar o esforzo que o tecido industrial galego está a facer por gañar en calidade e competitividade, reinventándose cada día por ofrecer novos produtos e aportar solucións que redundan nun maior benestar e calidade de vida.

Conde felicitou aos galardoados, destacando a aposta de cada un deles pola innovación a internacionalización, a especialización e diferenciación e o compromiso coa sociedade e o contorno. Por último, salientou as oportunidades de crecemento da industria galega e apelou á suma de forzas para conseguilo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre