Inicio Galicia A Xunta avanza un novo paso na tramitación para a ampliación do...

A Xunta avanza un novo paso na tramitación para a ampliación do polígono empresarial de Xinzo de Limia

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adiantou esta mañá que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio da expropiación para a adquisición de case 120.000 metros cadrados

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza hoxe un novo paso na tramitación necesaria para a ampliación do Polígono Empresarial de Xinzo de Limia, co inicio do proceso de expropiación dos terreos que permitirán executar o que se denominará Polígono 2.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantou esta mañá, durante unha visita ao Polígono Empresarial, que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio da expropiación, que estará a disposición pública durante un mes. Indicou que con esta ampliación disporanse de case 120.000 m2, dos que máis dun 70% -case 86.000 m2-, serán a superficie bruta destinados ás 23 novas parcelas de uso industrial e comercial.Ángeles Vázquez indicou que o Goberno galego ten un obxectivo claro: acometer a ampliación deste polígono empresarial; polo que -unha vez que se adquiran os terreos- se redactará o proxecto de urbanización e a contratación das obras. Así, a previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo é iniciar os traballos de urbanización dos terreos no vindeiro ano. Esta actuación implica un investimento de máis de 3,3 millóns de euros.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Salientou a necesidade desta actuación, dado que na actualidade Xinzo de Limia non dispón de solo empresarial, xa que está “totalmente adxudicado” en boa medida grazas aos incentivos postos en marcha pola Xunta de Galicia. Aclarou que un total de 40 empresas radican neste parque empresarial, situado nas proximidades da autovía A-52, unha zona estratéxica e atractiva para as empresas.

A conselleira destacou que ao longo 2019 manteranse as bonificacións, e o impulso e promoción de novos parques empresariais onde se constate demanda, xa que as cifras recollidas ao longo destes anos, son unha mostra do éxito da política de bonificación activada pola Xunta. Desde 2015 establecéronse axudas de ata un 50% no prezo do solo, polo que este incentivos permitiron adxudicar preto de 1,3 millóns de m2 de solo en toda Galicia, que supoñen máis do 45% da superficie dispoñible para venda en 2015. É dicir, nestes tres anos as bonificacións totais suman máis de 39 millóns de euros e permitiron a instalacións de 270 empresas en polígonos empresariais de toda Galicia.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Defendeu que facilitando novos investimentos e impulsando a actividade económica dos concellos, favorécese o mantemento e creación de emprego na zona e, en consecuencia, a fixación de poboación. Nese sentido, salientou os investimentos que se farán en áreas como a de Morás en Arteixo e as obras e traballos técnicos en parques como As Gándaras en Lugo, Castro de Ribeiras de Lea ou en Ponte Caldelas.  


- Te recomendamos -