Inicio Galicia A Xunta avanza un apoio de máis de 16 millóns de euros...

A Xunta avanza un apoio de máis de 16 millóns de euros para as familias usuarias de centros de día

0

Por prudencia, deberán permanecer coas súas actividades suspendidas ata que poidan retomar o funcionamento con todas as garantías, na liña do que decidiu a maioría das comunidades autónomas


O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa, trasladou hoxe aos centros de día de Galicia que as familias usuarias destes centros poderán beneficiarse de apoios de máis de 16 millóns de euros para garantir que as persoas dependentes conten cos coidados necesarios durante as vindeiras semanas.

Por prudencia, os centros de día deberán permanecer coas súas actividades suspendidas ata que poidan retomar o funcionamento con todas as garantías, na liña do que decidiu a maioría das comunidades autónomas. Para iso, durante as vindeiras semanas ofrecerase a formación necesaria para os profesionais e se organizará o subministro a través da plataforma Clonegal. Os centros xa contan co plan de reactivación deseñado polo comité clínico que asesora á Xunta de Galicia e están a adaptarse ás súas esixencias.

Todas as persoas usuarias de centros de día de maiores ou discapacidade e de centros ocupacionais poderán acceder a unha axuda de 500 euros ao mes, desde o inicio da emerxencia sanitaria e ata a posta en marcha dos centros, para financiar servizos profesionais de atención no domicilio.

Por outra banda, as persoas que necesiten atención terapéutica especializada, de estimulación ou rehabilitación, poderán acceder a unha liña de axudas por un importe total dun millón de euros para financiar este tipo de terapias.

Para que as entidades que xestionan centros de día conten neste período coa seguridade financeira para afrontar as adaptacións necesarias, terán á súa disposición unhas axudas para afrontar o 100% dos seus custes fixos mentres a actividade permaneza suspendida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre