Inicio Galicia A Xunta avanza que a mediados de ano iniciará as expropiacións dos...

A Xunta avanza que a mediados de ano iniciará as expropiacións dos terreos necesarios para a construción dun acceso á autovía AG-53 desde o concello de Dozón

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé culminar neste exercicio a actualización do proxecto construtivo á nova normativa

A Xunta avanzou hoxe que a mediados deste ano 2019 comezará a tramitar as expropiacións dos terreos necesarios para a construción do novo acceso á autovía AG-53 desde o concello de Dozón.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizaron hoxe unha visita ao Concello de Dozón na que informaron ao alcalde, Adolfo Campos, dos avances no impulso desta infraestrutura.

Segundo lle trasladaron, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a traballar actualmente na actualización do proxecto construtivo deste acceso á autovía, coa fin de adaptalo á nova normativa en materia de trazado, drenaxe e estruturas, co obxectivo de culminalo neste mesmo exercicio.

A construción dun acceso á autovía Dozón-Ourense é unha vella demanda deste municipio pontevedrés, que na actualidade só conta cun semienlace para acceder a esta vía de alta capacidade en dirección a Santiago.

O novo enlace evitará que os veciños de Dozón deban desprazarse ata Piñor para acceder á autovía con dirección a Ourense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre