Inicio Galicia A Xunta avanza nos expedientes de caducidade das concesións hidroeléctricas defendendo o...

A Xunta avanza nos expedientes de caducidade das concesións hidroeléctricas defendendo o interese xeral e atendendo en cada caso concreto a súa rendibilidade social, patrimonial e natural

0

Teresa Gutiérrez concreta que neste momento están en tramitación 5 expedientes de extinción nas concas de Galicia-Costa, que deberán resolverse caso a caso


A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, expuxo hoxe no Parlamento que a Xunta avanza na tramitación dos expedientes de caducidade das concesións hidroeléctricas, defendendo o interese xeral e atendendo en cada caso concreto a súa rendibilidade social, Patrimonial e natural. Na súa intervención esta mañá na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, a directora de Augas de Galicia abundou nas actuacións do organismo hidráulico da Xunta e na tramitación de extinción das concesións nas concas intracomunitarias de Galicia, de competencia da Xunta.

Ofreceu a información actualizada dos expedientes en tramitación de extinción por transcurso de prazo de vixencia nas concas hidrográficas de Galicia-Costa. E concretou que neste momento están en tramitación 5 expedientes de extinción nas concas de Galicia-Costa. Todos eles seguen progresando na tramitación establecida no regulamento do Dominio Público Hidráulico. A directora explicou que Augas de Galicia está a realizar os estudos e informes, tanto económicos, como ambientais, e de compatibilidade conforme o disposto no procedemento establecido na Planificación Hidrolóxica. En base aos correspondentes estudos técnicos e de xeito motivado, se debe emitir informe concreto, caso por caso, das concesión cuxo prazo finaliza, antes da declaración expresa de extinción do dereito. Neste sentido expuxo que, segundo o caso, existen para a Administración hidráulica varias alternativas a seguir, segundo cada caso. Trátase da eliminación das obras construídas no Dominio público hidráulico e restitución dos terreos, ou da conservación das instalacións construídas por resultar de interese Patrimonial o por ter un impacto ambiental positivo a súa conservación fronte á súa demolición.

Ademais, nos casos que resulte viable e exista da alternativa de continuidade da explotación hidroeléctrica, o organismo hidráulico da Xunta fomentará un modelo de xestión que reverta no interese público, de forma que estes aproveitamentos sexan un activo económico para a Comunidade Autónoma.

En canto ao aproveitamento da central hidroeléctrica das Conchas, a directora de Augas de Galicia sinalou que cada organismo de conca ten as súas competencias e a súa autonomía. Neste sentido, lembrou que a xestión dos aproveitamentos hidroeléctricos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ao ser unha conca hidrográfica de carácter intercomunitario é de competencia estatal.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre