Inicio Galicia A Xunta avanza nas obras de reforzo da seguridade viaria de condutores...

A Xunta avanza nas obras de reforzo da seguridade viaria de condutores e peregrinos na estrada AC-934, en Sobrado, co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano

0
image_gallery.jpg

A actuación conta cun investimento de máis de 1,6 M€ millóns de euros e consiste en acondicionar un tramo de 4,5 quilómetros da vía que transcorre integramente por este municipio, entre o límite da provincia e o cruce de Abeleiras


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa avanzando na execución das obras de reforzo da seguridade viaria de veciños, peregrinos e condutores que circulan pola estrada AC-934, en Sobrado, co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano.

Esta actuación, cun investimento autonómico superior aos 1,6 millóns de euros, comprende o acondicionamento do tramo de 4,5 quilómetros da estrada autonómica que transcorre integramente por este termo municipal, entre o límite da provincia e o cruce de Abeleiras.

O bo ritmo dos traballos, iniciados o pasado mes de novembro, fan prever que se poidan rematar as obras en menor tempo do inicialmente previsto, estimado inicialmente nuns 18 meses.

Deste xeito, actualmente estase a colocar xa o valo de madeira no treito da estrada coincidente co Camiño de Santiago do Norte, para a continuación estender o chan e instalar a sinalización vertical, o balizamento e defensas e, por último, o estendido de capa de rodadura e pintura.

A obra suporá unha importante mellora da seguridade viaria desta estrada, coa ampliación da calzada para acadar un largo de plataforma de 8 metros, con características xeométricas similares ás acadadas na vía no treito mellorado na provincia de Lugo. Ademais, realizouse a rectificación das curvas de menor raio, garantindo en todo o treito un raio mínimo de 50 metros.

A intervención supón a rehabilitación estrutural de todo o firme e na travesía de Vilariño-O Mesón inclúe a extensión dunha nova capa de rodada, ademais da ordenacións dos aparcadoiros.

Xunto con isto mellóranse as principais interseccións coas vías locais, coa creación de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para facilitar os cambios de sentido.

Debido a que se trata dunha estrada que coincide co Camiño de Santiago do Norte, concretamente da Ruta da Costa, e polo tanto cunha alta presenza de peregrinos, o proxecto que está en execución inclúe as medidas necesarias para garantir a súa seguridade.

Así, no treito en que a vía coincide coa Ruta Xacobea, constrúese unha senda de aproximadamente 3 quilómetros de lonxitude, desde o límite coa provincia de Lugo ata a entrada na travesía de Vilariño- O Mesón, que xa conta con beirarrúas e onde o Camiño se afasta da estrada autonómica.

Esta actuación forma parte dos investimentos que está a realizar a Xunta de cara a chegar o mellor preparados posible ao Xacobeo 2021 e permite mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios, favorecendo a preparación do Camiño de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre