Inicio Galicia A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas...

A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas casas de acollida a vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller

0

A secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo unha xuntanza coa delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell


A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos de actuación nos centros de acollida para vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller (CIM), tal e como trasladou esta mañá a secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, á delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell, nunha reunión mantida coas comunidades autónomas.

Natalia Prieto indicou que ante a evolución da crise sanitaria e co obxectivo de recuperar paulatinamente a vida cotiá e a normalidade e minimizar rebrotes e riscos para a saúde pública, o Goberno galego establece as medidas de carácter preventivo e de actuación nos centros existentes en Galicia para a acollida para mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores, e para os centros de información á muller, os CIM.

Con respecto aos centros de acollida garantirán o seu normal funcionamento, dado o seu carácter de servizo esencial, cumprindo en todo momento coas obrigas de prevención de riscos laborais establecidas na lexislación vixente, tanto con carácter xeral como de maneira específica, para previr o contaxio da covid-19. Os centros garantirán un cuarto adecuado para posibles illamentos no caso de que algunha das persoas residentes manifeste síntomatoloxía compatible con covid-19Así mesmo adoptarán os medios necesarios para garantir a prestación dos servizos, asegurando o cumprimento das medidas de aforo, desinfección, prevención e acondicionamento das instalacións, como a distancia de seguridade, e de non ser posible manter esta distancia utilizaranse elementos de protección, sendo obrigatorio o uso de máscaras para as profesionais do centro. Recoméndase adaptar a distribución dos espazos e as condicións de traballo así como o uso das instalacións para garantir a distancia de seguridade. E seguir todas as medidas de hixiene persoal e limpeza nas instalacións.

Se as prazas existentes na rede galega de acollemento resultaran insuficientes e tal e como se recollía no Plan de reforzo da atención das vítimas da violencia machista aprobado por Consello da Xunta de 20 de marzo de 2020, a Xunta de Galicia poderá habilitar recursos alternativos e temporais de acollemento en hoteis, hostais, pensións ou albergues para o acollemento temporal en tanto non exista praza axeitada dispoñible.

Centros de información ás mulleresOs centros de información á muller (CIM) proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral ás mulleres que poidan estar sendo vítima da violencia de xénero, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Os CIM atenderán todas as mulleres que o demanden, así como calquera persoa, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

Dentro da acción dos CIM teñen carácter prioritario as actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Ademais, a atención poderase estender ás fillas e fillos e ás persoas menores ou maiores dependentes delas coa intención de reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas.

Por iso, ante a situación que se vai a producir logo da finalización do estado de alarma sanitaria xerada como consecuencia do coronavirus, establécese un protocolo de recomendacións e instrucións para a actuación nos centros de información a muller (CIM) de Galicia. Con carácter xeral débese garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas traballadoras e as mulleres usuarias nos centros de información a muller. De non ser posible manter esta distancia na atención as persoas usuarias, garantirase a distancia de 1 metro e se recomenda a utilización de elementos de protección ou barreiras como as pantallas de separación de metacrilato ou similares, de fácil limpeza e desinfección. O uso de máscaras será obrigatorio cando non se poida garantir a distancia de seguridade de 1,5 m entre as persoas usuarias ou entre o persoal.

Ademais, deberá ten en conta as medidas de hixiene persoal e a limpeza de espazos, colocar carteis en zonas visibles do local e dependencias do CIM que advirtan e informen á cidadanía e persoas usuarias sobre as medidas e sobre a súa obriga no seu cumprimento, instar ás persoas usuarias a desinfectar as mans antes de entrar no local do CIM, sinalizar o chan do local onde se precise e manter a distancia de seguridade e o sentido de circulación de ser necesario. Ademais se recomenda a implementación de sistemas de cita previa e establecer un horario de atención con servizo prioritario para persoas maiores de 65 anos e outras situacións de vulnerabilidade relacionadas coa saúde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre