Inicio Galicia A Xunta avanza na modernización da Administración da Xustiza coa implantación de...

A Xunta avanza na modernización da Administración da Xustiza coa implantación de 30 salas de vistas dixitais

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe a Audiencia Provincial da cidade ourensá, un dos órganos xudiciais que dispón deste equipamento tecnolóxico

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe na Audiencia Provincial da cidade ourensá, unha das 19 salas de vistas dixitais que empregan distintos órganos xudiciais da comunidade galega, e na que se pode celebrar xuízos sen papeis. A Xunta está a traballar para instalar outras 30 salas deste tipo, co obxectivo de modernizar a Administración de Xustiza e avanzar cara o Expediente Xudicial Electrónico.

A Audiencia Provincial de Ourense conta cunha sala de vistas dixital para a gravación dos xuízos. Tamén se instalaron outras dúas no edificio xudicial que comparten na cidade ourensá os Xulgados de Primeira Instancia número 4 e número 7 e os do Social número 1 e número 2. A instalación supuxo un investimento de 75.000 euros. Ás tres salas de vistas dixitais en Ourense súmanse outras na Audiencia Provincial da Coruña, e en Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Pontevedra e Bande. As salas de vistas dixitais están dotadas dun equipamento tecnolóxico de última xeración con micrófonos dixitais, cámaras de vídeo de alta definición no estrado e no fondo da sala con zoom, videoconferencia integrada, posto de control para seguir a sesión, pantalla para visualizar a sala desde as diferentes fontes e tomas de datos para a conexión dos equipos. O modelo completase cun sistema de gravación dos xuízos con sinatura dixital eFidelius que xa está implantado no 95% das salas de vistas de Galicia. Tamén dispón da aplicación Séneca JC, para que o persoal xudicial poida controlar os equipos a través da selección de escenarios predefinidos. Ademais de ofrecer unha mellor calidade de son e vídeo coa que se rexistran as vistas, esta solución funcional integral permite que xuíces e fiscais poidan acceder ao Expediente Xudicial Electrónico e visualizar en formato dixital os documentos que integran o expediente sen necesidade de empregar o papel. Este modelo posibilita a visualización e gravación de probas físicas e que o xuíz poida examinar con antelación os elementos que se soliciten expoñer, ao mesmo tempo que se facilita a participación de persoas desde fóra da sala con garantías para testemuñas protexidas e menores.

Dixitalización da xustizaAs salas de vista dixitais son un elemento máis dentro das medidas para a modernización da Administración de Xustiza que a Xunta leva a cabo a través do actual Plan Senda 2020, que conta cun orzamento de 26 millóns de euros para acadar o papel cero neste ámbito. Este proxecto da continuidade ao Plan Senda 2009-2014, que supuxo unha aportación doutros 23 millóns.

Entre as medidas que se veñen desenvolvendo, inclúese o uso do visor do Expediente Xudicial Electrónico, unha ferramenta implantada na totalidade dos órganos xudiciais galegos desde o que o persoal xudicial accede aos expedientes xudiciais de forma electrónica. Por outra parte, neste ano asináronse dixitalmente máis dun millón de documentos grazas ao aumento dos órganos habilitados coa sinatura dixital, a través da cal se poden asinar sentenzas e resolucións online coa mesma validez que en papel. Ademais, avanzouse na integración da sinatura dixital co sistema de xestión procesual Minerva, que empregan xuíces, letrados e funcionarios. Outra das medidas de implantación do Expediente Xudicial Electrónico son as comunicacións telemáticas entre os operadores xurídicos mediante a ferramenta Lexnet, implantada en todos os órganos xudiciais da comunidade galega. Con este sistema xéranse máis de 600.000 comunicacións ao mes. A totalidade dos partidos xudiciais galegos contan con sistemas de videoconferencia e tamén está activada a sede xudicial electrónica para presentar procedementos monitorios cos que reclamar impagos, unha medida a través da que se presentaron neste ano máis de 600 escritos iniciadores. Nesta sede electrónica, os profesionais teñen ademais a opción de obter as gravacións dos procesos nos que interveñen sen ter que acudir ao xulgado para recollela en soporte físico. En canto ao equipamento, o Goberno galego levou a cabo a renovación dos 3.800 equipos dos postos de traballo e impresoras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre