Inicio Galicia A Xunta avanza na execución das obras de ampliación e reforma dos...

A Xunta avanza na execución das obras de ampliación e reforma dos hospitais Naval e Arquitecto Marcide de Ferrol

0
image_gallery.jpg

Estas actuacións forman parte do Plan Director da Xunta para esta área sanitaria, que conta cun investimento de 56 millóns de euros e que permitirá, nunha 1ª fase, incrementar nun 54% máis a súa superficie hospitalaria


A Xunta segue avanzando na execución das obras de ampliación e reforma do Complexo Hospitalario de Ferrol, con obras nos hospitais Naval e Arquitecto Marcide.

Estas actuacións, que conta cun investimento de 56 millóns de euros, forman parte do Plan Director da Xunta para a área sanitaria de Ferrol, que contempla na 1ª fase a remodelación destes dous centros hospitalarios e a construción de dous novos edificios anexos ao Arquitecto Marcide, incrementando nun 54% a superficie hospitalaria actual.

Na actualidade no hospital Naval estase a avanzar a bo ritmo nos traballos nas dependencias de farmacia e microbioloxía, así como nas obras do hospital de día.

En paralelo están xa tamén moi avanzadas as tarefas de escavación e sostemento no hospital Arquitecto Marcide.

As obras de ampliación do hospital de Ferrol están a desenvolverse de xeito acompasado coas iniciadas o pasado mes de agosto, de mellora do firme nos accesos aos hospitais Naval e Marcide e ao Nóvoa Santos.

As actuacións nos accesos a estes centros hospitalarios supoñen un investimento de 200.000 euros e dispoñen dun prazo de execución de 5 meses.

Todas estas intervencións están programadas para seguir facendo compatibles os traballos co mantemento da actividade sanitaria. As actuacións teñen por obxectivo favorecer a mobilidade máis cómoda e segura para os pacientes e usuarios que cada día se achegan a estes hospitais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre