Inicio Galicia A Xunta avanza na creación do Consello Autonómico de Participación Infantil e...

A Xunta avanza na creación do Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente

0
image_gallery.jpg

Neste acto participaron mozas e mozos de oito consellos locais de participación infantil de Castrelo de Miño, Tomiño, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Teo, Cabanas e Moeche


A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a Xunta continúa avanzando na creación dun Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente. Fíxoo durante a súa intervención no VIII Foro de Participación Infantil e Adolescente que UNICEF organizou en conmemoración do Día mundial do Neno e a Infancia que se celebra esta semana.

Fabiola García agradeceu a implicación das mozas e mozos que participaron deste acto e que se atopan dentro dos oitos consellos locais de participación infantil de Castrelo de Miño, Tomiño, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Teo, Cabanas e Moeche. A conselleira trasladoulles o seu compromiso de seguir traballando pola consolidación e protección dos seus dereitos, en especial, despois dos últimos meses de pandemia.

Este encontro enmárcase dentro do Pacto Galego pola Infancia, asinado o pasado ano polo Parlamento de Galicia, e no que se establece a celebración anual dunha sesión parlamentaria na que participen as mozas e mozos. A conselleira asegurou que o compromiso do Goberno galego para a ampliación da participación da mocidade segue vixente e nos próximos meses poderase consolidar na creación deste Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre