Inicio Galicia A Xunta avalía cos novos emprendedores propostas para que o tecido empresarial...

A Xunta avalía cos novos emprendedores propostas para que o tecido empresarial galego lidere o salto dixital necesario para lograr a recuperación económica

0
image_gallery.jpg

O Goberno autonómico leva activado, desde o inicio da pandemia, 26M€ en medidas para o impulso da dixitalización que xa recibiron preto de 4250 solicitudes


O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña nun encontro con AJE Galicia e as asociacións provincias de xoves empresarios da Comunidade, na que avaliaron propostas para que o tecido empresarial galego lidere o salto dixital que permita alcanzar a recuperación económica.

Conde lembrou que o obxectivo desta nova lexislatura pasa por estar preto do tecido produtivo, facilitando a súa modernización a través da dixitalización e da innovación, ademais de impulsar a súa transformación tendo en conta a transición enerxética. Por iso, este encontro foi unha oportunidade para achegarse de primeira man á situación real dos novos emprendedores e coñecer as súas propostas.

Desde o inicio da pandemia, a Xunta xa activou medidas de fomento da dixitalización na empresa por importe de 26M€ -para as que se recibiron ata o momento preto de 4250 solicitudes- para facer máis doado o día a día dos emprendedores. De feito, aínda está aberto o prazo para o Cheque dixital para incorporar novas tecnoloxías ás empresas; ou para o programa Galicia Exporta Dixital, que este ano chega tamén ao sector comercial.

Conde incidiu en que a prioridade é impulsar a recuperación da economía galega, para o que Galicia conta co Plan de reactivación económica, dotado con 3043M€ de investimento público-privado. Neste sentido, Galicia creou 259 empresas en agosto, o que supón un aumento do 33% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Lembrou que a Comunidade avanzará no reto da dixitalización e da transición enerxética a través dos fondos europeos con tres proxectos tractores centrados no hidróxeno verde, a economía circular e a fabricación de fibras téxtiles a partir da celulosa soluble da madeira: “Iniciativas útiles para xerar emprego, atraer investimento e que Galicia adquira un claro protagonismo nesta transición”, asegurou Conde.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre