Inicio Galicia A Xunta avalía cos autónomos de Lugo as medidas que vai poñer...

A Xunta avalía cos autónomos de Lugo as medidas que vai poñer en marcha en 2020 para acompañalos no desenvolvemento da súa actividade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun novo encontro dos Venres Autónomos impulsados desde o Goberno galego para favorecer a comunicación directa e o debate con este colectivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Lugo a unha nova convocatoria dos Venres Autónomos, a iniciativa coa que a Xunta pretende estar máis preto deste colectivo, favorecendo unha comunicación directa e un debate que permite ao Goberno galego “acompañalos no desenvolvemento da súa actividade”, tal e como destacou Conde.

O conselleiro puxo en valor a contribución dos autónomos á dinamización da economía galega e lembrou que un de cada cinco traballadores galegos son autónomos situación que, no caso da provincia de Lugo, se incrementa a un de cada tres, polo que Conde amosou o seu interese por coñecer as diferentes experiencias e necesidades dos participantes no encontro de hoxe. Galicia, ademais, é a Comunidade máis estable e cunha maior porcentaxe de emprendemento feminino.

A Xunta reforzará a Estratexia do Autónomo 2020 para seguir ao carón dos autónomos na posta en marcha dos seus proxectos, pero tamén na fase de consolidación e crecemento -con medidas para mellorar a competitividade como o Bono Autónomo, ou para favorecer a contratación de ata tres traballadores indefinidos-, e para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. De feito, incorporaranse novas iniciativas como o Bono Nova Oportunidade, que contará cun orzamento dun millón de euros e está orientado a autónomos que cesaron na súa actividade e queren volver a emprender un negocio; ou o Bono Renova, para favorecer o traspaso de negocios e, garantir deste xeito o relevo xeracional, medida á que tamén se destinará un millón de euros. En total, tal e como explicou Conde, resérvanse 24,5M€ para beneficiar a 7000 persoas e 545 empresas en axudas que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) o vindeiro 3 de febreiro.

Conde finalizou explicando que é necesario apoiar a este colectivo prestando especial atención á introdución das novas tecnoloxías nos negocios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre