Inicio Galicia A Xunta avalía con Cogami o labor do servizo de atención especializada...

A Xunta avalía con Cogami o labor do servizo de atención especializada á muller con discapacidade

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela un encontro co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela un encontro co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, no que avaliaron, entre outros asuntos, o servizo de atención especializada á muller con discapacidade que presta a entidade.

Cogami con este servizo busca dar resposta ás necesidades específicas das mulleres con discapacidade e loitar contra a dobre discriminación que sofren. Así, préstase información, orientación e asesoramento e lévanse a cabo intervencións coa persoa e a súa familia. López Abella reafirmou o compromiso da Xunta para impulsar a igualdade entre as mulleres con discapacidade apoiando a súa plena inclusión na sociedade e lembrou que a Xunta mantén con Cogami diversas liñas de colaboración. Entre 2009 e 2020, a Secretaría Xeral da Igualdade apoiou o seu labor con máis de 420.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre