Inicio Galicia A Xunta avalía con adegueiros e transformadores de Chantada iniciativas para impulsar...

A Xunta avalía con adegueiros e transformadores de Chantada iniciativas para impulsar a internacionalización dos seus produtos

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta semana co presidente da Asociación Adegueiros e Transformadores do Miño


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión, esta semana, con Alfonso Regal, presidente da Asociación Adegueiros e Transformadores do Miño, con sede en Chantada, para avaliar distintas iniciativas e actuacións que poidan impulsar a presenza dos produtos desta zona nos mercados internacionais.

Tal e como se lle trasladou ao conselleiro, esta asociación traballa por poñer en valor a calidade das adegas da Ribeira Sacra e os seus produtos cun alto valor engadido, polo que están a esforzarse por ter unha maior presenza no exterior. En concreto, están centrando os seus esforzos no mercado colombiano e, tamén, están interesados en realizar algún tipo de actuación con Uzbekistan, un país no que as exportacións galegas acadaron en 2018 o dobre que o ano anterior.

A Xunta destaca o importante esforzo que as empresas galegas están a realizar no eido da internacionalización como demostran os datos das exportacións na Comunidade que levan varios anos batendo récords. Neste sentido, o sector agroalimentario é un dos tres que máis medraron en 2018 xunto co téxtil e a automoción. Por iso, unha das principais liñas que se están apoiando desde o Goberno galego para impulsar a competitividade empresarial son todo tipo de medidas que acompañen ao tecido empresarial na busca de novos mercados como os programas Foexga ou Galicia Exporta. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre