Inicio Galicia A Xunta avalía coas entidades de inclusión as primeiras medidas do plan...

A Xunta avalía coas entidades de inclusión as primeiras medidas do plan social poscovid para atender as necesidades máis urxentes dos fogares vulnerables

0

Durante estes meses o Goberno galego reforzou o seu apoio ao tecido social para garantir a súa actividade, axudar ás familias con menores ingresos e prestar coidados a domicilio ás persoas que o precisan


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, mantiveron esta mañá unha reunión con 27 representantes de entidades de inclusión social da comunidade, para avaliar as primeiras medidas do plan social poscovid. O obxectivo é atender as necesidades máis urxentes dos fogares vulnerables e complementar o labor do tecido social galego.

Feijóo agradeceu o labor que están a desenvolver todas estas entidades nun contexto sen precedentes, e nun momento no que máis se lles necesita. O presidente destacou a sensibilidade, a eficacia e a fortaleza das mesmas. “Sensibilidade, porque souberon comprender á perfección as necesidades dos máis débiles; e eficacia e fortaleza porque, durante estes meses, foron quen de seguir traballando a porta pechada, atendendo ás persoas que o necesitan”, resaltou.

O responsable do Goberno galego tamén aseverou que o exemplo destas entidades alenta ás administracións a deseñar políticas útiles para a cidadanía na loita contra a pobreza. Así, nos peores momentos da emerxencia sanitaria, a Administración autonómica centrou os seus esforzos en axudar a estas entidades a manterse economicamente, en apoiar ás familias con menores ingresos e en prestar coidados a domicilio ás persoas que o precisan.

Pola súa banda, a presidenta autonómica da Cruz Roja Española, Carmen Colmeiro, incidiu na importancia do traballo conxunto: “Estamos traballando todos con ilusión e conxuntamente coa administración autonómica. Todos unidos para axudar ao maior número de xente posible que nos necesita”, aseverou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre