Inicio Galicia A Xunta avalía coa Rede Estatal de Desenvolvemento Rural a aplicación das...

A Xunta avalía coa Rede Estatal de Desenvolvemento Rural a aplicación das políticas de impulso ao agro en Galicia

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, mantivo unha xuntanza de traballo con responsables da Red Estatal de Desarrollo Rural.

Este encontro serviu para facer un balance positivo da situación e a actividade dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia e, en xeral da implantación do Plan Leader na nosa comunidade. Ademais, na reunión intercambiáronse tamén impresións sobre as políticas de desenvolvemento rural a nivel nacional e en Galicia, co fin de avanzar na súa implementación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre