Inicio Galicia A Xunta avalía coa industria da automoción medidas para velar pola seguridade...

A Xunta avalía coa industria da automoción medidas para velar pola seguridade e a saúde dos traballadores

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) no que destacou a necesidade de combinar a reactivación da actividade coa protección do persoal


Santiago de Compostela, 26 de abril de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro con representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) no que se avaliaron as recomendacións a seguir en materia de seguridade, elaboradas pola Xunta a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), para seguir coordinados no obxectivo común de velar pola protección dos traballadores.

A reunión enmarcouse na rolda de contactos que a Administración autonómica está mantendo cos axentes económicos e sociais e, nela, Conde lembrou que a prioridade é a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras. Por iso, a Xunta elaborou a Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral, que contou coa colaboración dos propios clústers e que dispón de versións específicas por sectores, incluída a automoción. Recolle recomendacións básicas que traballadores e empresas deben ter en conta antes do comezo da actividade, nos desprazamentos, nas distancias de seguridade, ou en canto a medidas organizativas, de hixiene ou limpeza.

Outro dos asuntos que se lles está a plantexar aos diferentes sectores produtivos son as medidas económicas a curto prazo que se levan posto en marcha. Hai que ter en conta que a automoción concentra o 14% das solicitudes de Erte presentadas en Galicia. As empresas poden acceder, entre outras medidas, á liña de financiamento para pemes e autónomos do Igape que recolle préstamos de ata 200.000 euros bonificados pola Xunta para cubrir os pagos de facturas, salarios, alugueiros ou impostos, entre outros. De feito, xa se rexistraron 57 solicitudes por un importe de 3,9M€ vencelladas a este sector. Tal e como avanzou Francisco Conde, este programa completarase con máis apoios para o medio e longo prazo, pensando xa na reactivación económica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre