Inicio Galicia A Xunta avalía co sector a próxima convocatoria de axudas de 5...

A Xunta avalía co sector a próxima convocatoria de axudas de 5 M? para fomentar unha mobilidade eficiente e sostible

0

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, mantivo unha reunión para informar das axudas do Plan Moves que se activarán nas próximas semanas


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, participou nunha reunión na que participaron representantes de Faconauto, Anfac e concesionarios, para informar da nova convocatoria do Programa de axudas á mobilidade eficiente e sostible (Plan Moves) que se activará nas próximas semanas. Tal e como informou, nesta segunda edición, o programa contará cunha dotación orzamentaria de 5M€ e catro liñas de axudas.

A primeira delas para a compra de vehículos alternativos eléctricos ou furgóns e camións con propulsión alternativa de gas ou GLP, para a que se reserva un total de 2,2M€. En concreto, apoiarase a compra dunha moto eléctrica con axudas de ao redor de 700 ou 750 euros e de cuadriciclos eléctricos con 600-800 euros. Os turismos e furgonetas recibirán entre 1600 e 6000 euros por parte da Xunta e outros 1000 polo fabricante, mentres que poderían recibir ouros 750 euros adicionais no caso de persoas con mobilidade reducida ou se achatarra un vehículo anterior ao 1 de xaneiro do ano 2013. En canto aos furgóns, camións e autobuses poderán optar a axudas de entre 5000 e 15.000 euros mentres que os furgóns e camións a gas ou GLP poden recibir apoios de entre 1800 e 13.500 euros. Esta medida está destinadas a persoas físicas, autónomos, comunidades de propietarios, empresas e sector público. Como novidade, amplíase o orzamento por vehículo que será de 45.000 euros ou 53.000 no caso de vehículos de oito prazas para fins sociais. Prevese a incorporación dun 650 vehículos sostibles ás estradas galegas.

A segunda liña de apoios destinarase á instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos e contará cun orzamento de 2M€. As axudas están dirixidas tanto a empresas como autónomos, particulares, comunidades de propietarios e sector público cun límite máximo de 100.000 euros. Agárdase apoiar 300 instalacións.

A terceira liña apoiará a implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas, para a que se reservarán 200.000 euros. Os beneficiarios poderán ser tanto públicos como privados e o límite será de 100.000 euros. As axudas están destinadas a autónomos, empresas e sector público.

Por último, a cuarta liña ten como obxectivo a implantación de plans de transporte aos centros de traballo e conta cun crédito de 600.000 euros. A medida está pensada para autónomos, empresas e sector público.

No caso das axudas para a compra de vehículos e para instalación de infraestruturas de recarga, a xestión das axudas realizarase mediante entidades colaboradoras. Estas axudas permitirán unha redución das emisións de CO2 equivalentes a acción de 117.500 árbores e aforros económicos de 1,2M€ ao ano. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre