Inicio Galicia A Xunta avalía co sector a posta en marcha da Axenda de...

A Xunta avalía co sector a posta en marcha da Axenda de impulso da industria forestal que busca promover o uso da madeira e a bioeconomía

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta semana unha xuntanza cos principais representantes do sector para avanzar na planificación desta Axenda, da que se informou no Consello da Xunta do pasado xoves


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avaliou a Axenda de impulso da industria forestal 2019-2021 cos principais representantes do sector nunha xuntanza celebrada esta semana á que asistiron membros do Clúster da madeira e do deseño, da Asociación Galega Monte Industria, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Forestais de Galicia (Coetfoga), da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga), da Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo, da Asociación Forestal de Galicia e da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo.

A reunión serviu para avanzar na posta en marcha da planificación da Xunta neste ámbito, unha estratexia que nace da participación activa do tecido asociativo, e da que se informou no Consello da Xunta do pasado xoves co obxectivo de estimular a demanda e fomentar en Galicia o uso da madeira nas novas edificacións. A Axenda, que coordina a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axenda Galega da Industria Forestal (Xera), permitirá ata 2021 mobilizar máis de 125 millóns de euros, axudar a 350 pemes e formar a 5600 persoas. A previsión é incrementar nun 6% a facturación e os empregos directos, alcanzando, así, os 21.000 postos de traballo. Deste xeito, a Xunta continúa desenvolvendo iniciativas en favor da bioeconomía.

En palabras de Conde, a Administración autonómica executa esta iniciativa para impulsar en Galicia a modernización da industria forestal apostando pola bioeconomía, o emprego verde e os produtos locais. Entre as medidas que se levarán a cabo destacan o impulso do talento, a innovación e a competitividade para fomentar a utilización da madeira na construción, en sectores estratéxicos como a automoción, o naval e téxtil, como fonte de enerxía e no eido do deseño.

A Administración galega, ademais, seguirá fomentando o uso da madeira -sobre todo local- na construción impulsando o sector contract e apostando por novos modelos de edificación sustentable. Outras iniciativas previstas son o traballo de promoción con prescritores e empresas tractoras -como é o caso de Finsa- e consumidores.

A nova ferramenta, á que se destinan 54 millóns de euros, quere atender as demandas actuais do sector e contribuír á construción dunha sociedade saudable e baixa en carbono e conseguir que a madeira e os produtos forestais actúen como o elemento central de impulso á bioeconomía.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre