Inicio Galicia A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura...

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da entidade, que agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes na Comunidade


O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta semana con representantes do Consello Galego de Enxeñerías no marco dos encontros cos diferentes axentes económicos e sociais para incorporar as súas achegas á futura Lei de reactivación económica de Galicia.

No encontro avaliouse o potencial desta normativa para atraer proxectos cara a Galicia que contribúan á creación de riqueza e emprego na Comunidade, facilitando ao mesmo tempo o labor de diferentes colectivos profesionais como os enxeñeiros e avanzando na simplificación administrativa.

Tal e como lembrou Conde, a futura lei que se está a elaborar pivota sobre tres claves: a axilización administrativa, con puntos de atención ao investidor; a ampliación a máis supostos da posiblidade de declaración responsable ou comunicación previa; e a xeralización do silencio administrativo para a implantación de iniciativas, salvo disposición legal que especifique a necesidade de emitir unha resolución expresa, entre outros aspectos.

O Consello Galego de Enxeñerías agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes en Galicia (Camiños, Canais e Portos; industriais; agrónomos; minas; montes; navais e oceánicos; telecomunicacións; e do Instituto Católico de Artes e Industriais da Universidade Pontificia de Comillas). Conde animounos a presentar na Oficina de Proxectos Tractores da Xunta novas propostas que permitan a Galicia contar con máis oportunidades de acceso aos fondos europeos de reconstrución Next Generation. O vicepresidente económico fixo fincapé en que estes supoñen unha oportunidade única para impulsar un modelo de crecemento verde, dixital, inclusivo e social, que impulse a economía circular, a transición ecolóxica, a dixitalización e a modernización dos servizos públicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre