Inicio Galicia A Xunta avalía co Cabido de Cambados as necesidades do sector da...

A Xunta avalía co Cabido de Cambados as necesidades do sector da zona

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a confraría de pescadores de Cambados, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer as necesidades da entidade e dos seus socios e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade. A titular de Mar, que estivo acompañada durante o encontro co cabido pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou a importancia de que se manteña un contacto fluído e constante entre sector e Administración para buscar as mellores solucións ás necesidades que lle van xurdindo aos profesionais do mar.

Nesta liña, a representante do Executivo galego fixo fincapé na transcendencia do mantemento das instalacións dos portos e das lonxas galegas para facilitar o traballo diario dos profesionais do mar. Este tipo de visitas periódicas, lembrou a titular de Mar, enmárcanse nese obxectivo e permiten intercambiar impresións co sector en primeira persoa, analizar e coñecer en directo os problemas existentes en cada zona e buscar o mellor xeito de solucionalos o antes posible.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre