Inicio Galicia A Xunta autoriza o gasto de 29,6M? para contratar as obras da...

A Xunta autoriza o gasto de 29,6M? para contratar as obras da 1ª fase de prolongación da Vía Ártabra ata a autoestrada AP-9

0

Feijóo afirma que está previsto un modificado no contrato para executar a 2ª fase en canto o Ministerio de Fomento autorice á conexión

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe no Consello da Xunta da autorización do gasto para poder contratar as obras da 1ª fase da prolongación da vía Ártabra ata a autoestrada AP-9. Será entre o enlace da N-VI e a autoestrada autonómica entre San Pedro de Nós e Mabegondo.

Para levar a cabo o proxecto, dixo, disporase dun orzamento de 29,6M€. Esta partida permitirá licitar as obras nas vindeiras semanas para adxudicar, o antes posible, unha vía libre de peaxe que dará continuidade ao tramo actual en servizo da vía Ártabra entre o Castelo e a estrada N-VI.

Ademais, o presidente da Xunta avanzou que xa está previsto un modificado no contrato para executar a 2ª fase que daría continuidade a vía Ártabra desde o enlace coa AC-221 ata conectar coa autoestrada do Atlántico en canto o Ministerio de Fomento autorice a conexión, de forma que a Xunta investirá en total 35M€.

Xa para rematar, Feijóo lembrou que co gasto autorizado hoxe o Goberno galego dá un paso máis para vertebrar a comarca da Coruña e un paso máis na articulación dunha vía transversal que facilitará os tráficos de entrada na cidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre