Inicio Galicia A Xunta autoriza a contratación adicional de dez persoas perceptoras da Risga...

A Xunta autoriza a contratación adicional de dez persoas perceptoras da Risga no Concello de Monforte

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que con esta ampliación, a Consellería de Economía, Emprego e Industria completa o cen por cen das solicitudes realizadas polo Concello

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver unha ampliación do programa de apoio á contratación de persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), pola que se autoriza ao Concello de Monforte de Lemos a contratar a dez novos operarios municipais no marco desta liña de axudas.

Estas contratacións súmanse ás outras dez que xa estaban autorizadas este ano en Monforte, polo que en total serán vinte os beneficiarios destes contratos. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou que a Xunta completa así o cen por cen das solicitudes realizadas polo Concello no marco deste programa.

A achega da Administración autonómica para financiar as novas contratacións será de 116.863 euros, co que o investimento global sumando os dez contratos xa realizados será de 233.726 euros. Deste xeito, a Xunta sufragará os custos salariais totais, incluída a cotización á Seguridade Social.

As contratacións beneficiarán a persoas perceptoras da Risga que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou superen os 45 anos de idade.

A través deste programa de apoio ao emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o periodo de contratación subvencionable será de sete meses. Durante ese tempo, as persoas contratadas levan a cabo diversas obras e servizos de interese xeral e utilidade social de competencia das entidades locais.

O delegado territorial incidiu no importante papel que xoga este programa á hora de proporcionarlles ás traballadoras e traballadores beneficiarios unha experiencia profesional fundamental para facilitar a súa inserción no mercado laboral.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre