Inicio Galicia A Xunta aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia...

A Xunta aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia e incrementará as súas funcionalidades

0

Actualizará a plataforma e permitirá o acceso de smartphones autorizados á rede TETRA con todas as garantías de seguridade


A Xunta de Galicia aumentará a capacidade da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia (RESGAL) e incrementará as súas funcionalidades. Son os obxectivos principais, xunto co mantemento da Rede, que se recollen na licitación que vén de publicar o operador público Retegal, dependente da Amtega, e responsable da xestión de RESGAL.

O contrato, que ten unha duración estimada de 48 meses por un importe de 2,27 millóns de euros, garante o mantemento de RESGAL nas condicións de esixencia e continuidade que require unha rede deste tipo. Ademais, contempla actualización do sistema de xestión da plataforma, o que permitirá aumentar a súa capacidade e incorporar novas funcionalidades como a integración de smartphones.

Esta posibilidade permitirá aos profesionais usuarios da Rede poder conectarse a RESGAL, a través dunha aplicación instalada nos seus móbiles en caso de atoparse fóra dunha zona de cobertura da Rede ou non dispoñer do terminal adaptado que empregan para conectarse a ela. En todo caso, as comunicacións serían tamén encriptadas e coas mesmas garantías que se o fixesen desde o terminal adaptado.

Unha rede única con máis de 5.500 terminaisA día de hoxe empregan RESGAL profesionais do 061, SERGAS, AXEGA, 112, UPA, Axentes de Medio Ambiente, Axentes Forestais, Consorcios de Bombeiros, Policías Locais e Protección Civil de 116 Concellos de GaliciaEstes efectivos empregan dispositivos móbiles adaptados a condicións extremas e están dados de alta máis de 5.500 terminais.

Máis coberturaEntre os anos 2016 e 2017 incrementouse a cobertura poboacional e territorial de Resgal, facendo especial fincapé nas zonas con máis risco de incendio. A instalación de 25 novas estacións radio base, 4 repetidores e unha nova estación transportable permitiron reducir nun 34% as zonas de sombra no conxunto da Comunidade e en máis dun 44% nas 565 parroquias identificadas como de alto risco de incendio. O reforzo das infraestruturas de RESGAL ampliou o seu radio de acción acadando o 90% do territorio e o 96,5% da poboación. Con esta medida, ademais da mellora en zonas rurais, incrementouse a cobertura da Rede en núcleos de poboación de máis de 1.000 habitantes e nos Hospitais de Barbanza e Burela. Resgal conta con cobertura plena nas 7 grandes cidades e garante unha cobertura moi alta nas principais vías de comunicación, portos, aeroportos e zonas industriais de especial risco.

Tecnoloxía de última xeraciónRESGAL emprega tecnoloxía TETRA, a máis punteira para este tipo de comunicacións, que garante a súa dispoñibilidade cando o resto de redes de telefonía móbil se colapsa. Este sistema caracterízase pola súa fiabilidade incluso en situacións extremas ou de saturación. A diferenza dos sistemas convencionais posibilita a realización de chamadas en grupo, tanto dentro dunha mesma organización, como entre dispositivos de distintas organizacións que nun momento dado poidan estar traballando conxuntamente nunha mesma emerxencia.

Estes sistema posibilita a incorporación de diversos servizos como a xeolocalización en tempo real da posición de todos os dispositivos de emerxencia vía GPS. Ademais, permite a consulta de bases de datos, a gravación de conversas e o encriptado das comunicacións, garantindo a súa confidencialidadeRESGAL, froito dun convenio de colaboración entre a Consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural, a Amtega e a entidade pública estatal Red.es, entrou en funcionamento en 2015 para posibilitar a interconexión segura entre todos os colectivos de emerxencias, mellorando a súa coordinación, empregando a tecnoloxía máis avanzada neste tipo de redes

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre