Inicio Galicia A Xunta aumenta ata os 4,5M? as axudas para que as empresas...

A Xunta aumenta ata os 4,5M? as axudas para que as empresas poñan en marcha unidades formativas á carta

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca o importante incremento nas solicitudes deste programa, no que se invisten preto de 12 millóns de euros en dous anos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe nunha visita á compañía Ledisson que a Xunta vai ampliar nun millón de euros, ata os 4,5 millóns de euros, o orzamento do programa de Unidades Formativas na Empresa, para dar resposta así ao importante incremento das solicitudes presentadas a esta convocatoria.

O ano pasado a Xunta xa investiu 7,4 millóns de euros nesta iniciativa, que permite que sexan as propias compañías as que deseñen a formación en función das necesidades do seu proceso produtivo. Beneficiáronse máis de 4.300 persoas desempregadas e ocupadas a través de 426 Unidades Formativas.

Conde visitou no Porriño o curso no que colaboran Ledisson, Emenasa, Hypnon Programming e Ceaga para formar en programación robótica avanzada a 12 desempregados, que ven así incrementadas as súas oportunidades laborais.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que a transformación dixital está marcando as necesidades e as tendencias do tecido producido, e iso significa investimentos en innovación, na industrialización e tamén investir en formación, “porque os traballadores teñen que aplicar esas novas tecnoloxías aos diferentes procesos produtivos”.

Conde incidiu en que a través das Unidades Formativas na Empresa se achega “unha formación práctica, unha formación útil e unha formación vinculada coas demandas efectivas que nestes momentos está a ter a automoción”. Un sector do cal destacou o gran dinamismo, apuntando como exemplo os proxectos de PSA e CTAG vinculados á Fábrica Intelixente ou Fábrica 4.0. Trátase dun investimento de 146 M€ que permitirá situar a planta de Vigo na vangarda internacional en canto aos mellores procesos e o desenvolvemento de novos produtos; e incrementar a facturación da industria galega do automóbil en 2.000M€ e a creación de 4.000 novos empregos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre