Inicio Galicia A Xunta aumenta a preto de 4 millóns o número de mascarillas...

A Xunta aumenta a preto de 4 millóns o número de mascarillas entregadas a empresas e autónomos galegos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión con representantes dos clústers e asociacións de empresarios galegos


A Xunta leva entregadas preto de 4 millóns de mascarillas aos empresarios e aos autónomos galegos,que contaron coa colaboración dos clústers, asociacións de empresarios e de autónomos que coordinaron as solicitudes e o reparto do material.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes dos clúster e asociacións de empresarios galegos que están a recibir material de protección e que canalizaron as peticións e o posterior reparto do material, que se realiza dende a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non ten que ver con centros sanitarios.

Alfonso Rueda indicou que o primeiro envio foi realizado o 16 de abril e ata o de agora foron repartidas preto de 4 millóns de mascarillas, o dobre do inicialmente proposto. Esta medida púxoxe en marcha ante a imposibilidade de moitas empresas e autónomos poideran conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material foi facilitado ao mesmo prezo que o adquiriu a Xunta.“Segundo nos trasladaron os propios empresarios e autónomos, fomos a única comunidade autónoma en todo o estado español que surtiu de mascarillas ás pequenas e medianas empresas e a miles de autónomos que necesitaban estes equipos de protección para comezar a traballar e non dispoñían deles”, indicou Alfonso Rueda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre