Inicio Galicia A Xunta atende as demandas dos veciños de Fisteus para mellorar os...

A Xunta atende as demandas dos veciños de Fisteus para mellorar os camiños desta parcelaria do concello de Curtis

0


O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse hoxe con veciños da xunta local da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. O encontro, no que tamén participou o alcalde desta localidade, Javier Caínzos, serviu para escoitar as demandas deste colectivo en relación coa necesaria mellora dos camiños deste proceso, que acadan unha lonxitude total de arredor de 55 quilómetros.

Tanto o director xeral como o rexedor comprometéronse a seguir mantendo abertas as canles de comunicación e coordinación para avanzar na realización desta parcelaria, que redundará no beneficio dos veciños grazas á agrupación e ordenación dos diferentes predios, algo que repercutirá, tamén, na mellora da competitividade das explotacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre