Inicio Galicia A Xunta asina un convenio con Vegalsa-Eroski para a realización de prácticas...

A Xunta asina un convenio con Vegalsa-Eroski para a realización de prácticas formativas non laborais de participantes na Estratexia de inclusión social de Galicia

0

O obxectivo é mellorar o seu desenvolvemento profesional e a empregabilidade

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, e o director de Persoas de Vegalsa-Eroski, Francisco Duarte Vázquez, asinaron esta mañá na sede do ente público un convenio para a realización de prácticas formativas non laborais nos establecementos comerciais dese grupo de distribución alimentaria por parte de participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia, programa co-financiado pola Unión Europea no Marco Operativo FSE Galicia 2014-2020.

As prácticas, nos postos de caixa e reposición da rede de tendas de Vagalsa-Eroski, serán tuteladas e terán unha duración máxima de 100 horas por persoa nun período máximo de 34 dias. Teñen como obxectivo lograr unha mellora no desenvolvemento profesional e na preparación para o acceso ao mundo laboral -ao estar en contacto con ambientes reais de traballo- e conseguir ademais un aumento do grao de empregabilidade.

Os beneficiarios das prácticas serán participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia que seguen os itinerarios personalizados que os equipos comarcais de inclusión socio-laboral do Consorcio deseña para cada un deles, pero que tamén serán seleccionados polos responsables de Persoal do grupo Vegalsa-Eroski.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

De calquera xeito, os alumnos que realicen as prácticas nunca poderán substituír ao persoal vinculado mediante contrato laboral con esa empresa, nin cubrir postos dela -nin estables, nin temporais- derivados de cargas puntuais de traballo. O Consorcio contratará para todos os becarios un seguro de accidentes laborais, que incluirá os desprazamentos de ida e de volta dende o posto de traballo, e unha póliza de responsabilidade civil, para facer fronte a eventuais danos a bens ou persoas, derivados da actividade que realicen.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de Inclusión Socio-laboral distribuídas por todo o territorio galego. Durante o pasado ano 2017, atenderon a máis de 11.000 persoas na nosa comunidade autónoma.  


- Te recomendamos -