Inicio Galicia A Xunta asina un convenio co Concello de Padrón para financiar con...

A Xunta asina un convenio co Concello de Padrón para financiar con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores

0

Destaca a colaboración institucional para achegar servizos ás veciñas e veciños desta localidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta financiará con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade. Trátase dun acordo que, segundo salientou a titular da Consellería, “permitirá poñer en marcha un recurso moi necesario na comarca”.

Fabiola García puxo en valor a colaboración entre a Administración autonómica e a corporación municipal de Padrón, que permite seguir incrementando as prestacións ás súas veciñas e veciños. Neste sentido, lembrou que este servizo sumarase a outras prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na Casa ou a Teleasistencia, que permiten que as persoas maiores poidan seguir vivindo nas súas casas.

Así mesmo, a conselleira tamén fixo fincapé en que as familias do Concello de Padrón poderán beneficiarse dun servizo de conciliación no que o Goberno galego é pioneiro no conxunto de España como é a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre