Inicio Galicia A Xunta asina un acordo para impulsar un programa de voluntariado do...

A Xunta asina un acordo para impulsar un programa de voluntariado do Camiño de Santiago en Canadá

0

O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro coa Cámara de Comercio Canadá-España, a compañía aérea Air Canadá e a empresa Red Leaf

A Xunta asinou hoxe un acordo de colaboración coa Cámara de Comercio Canadá España, a aerolínea Air Canadá e a empresa Red Leaf para impulsar un programa de voluntariado do Camiño de Santiago neste país norteamericano. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para proxectar a imaxe da Ruta Xacobea no exterior e difundir os seus valores. No acto tamén estiveron presentes o presidente de Red Leaf, Jesús Salgado, e o presidente da Cámara de Comercio España – Canadá, Óscar Vázquez.

En virtude deste acordo, máis dun cento de mozos canadenses de entre 18 e 30 anos participarán neste programa de voluntariado que se desenvolverá entre 2020 e 2021. Entre as actividades que realizarán destacan o apoio aos peregrinos aloxados nos establecementos da rede pública de albergues ou a achega de información sobre lugares senlleiros situados nos concellos da Ruta Xacobea. A primeira fase do proxecto desenvolverase en Galicia, se ben estudarase a posibilidade de estendelo a outras comunidades autónomas ou mesmo a Portugal.

A Xunta de Galicia será a encargada de formar aos voluntarios e ofrecerlles aloxamento e manutención, mentres que Red Leaf será a encargada da xestión do programa en Canadá aproveitando o seu coñecemento do sistema educativo canadense. Pola súa banda, Air Canadá encargarase de facilitar o desprazamento dos voluntarios e a Cámara de Comercio Canadá-España asumirá a difusión do proxecto entre empresas potencialmente interesadas.

Décimo país con máis peregrinosO titular de Cultura e Turismo destacou que a posta en marcha deste proxecto permitirá estender o coñecemento do Camiño de Santiago en Canadá, un país que no que vai de ano achegou máis de 5.200 peregrinos á Ruta Xacobea, situándose como a décima nacionalidade estranxeira que máis peregrinos achega. Neste sentido, agardou que este programa permita incrementar a proxección exterior das peregrinacións a Santiago ás portas do Xacobeo 21.

Segundo Román Rodríguez, este proxecto reúne algúns dos valores que caracterizan o próximo Ano Santo como son a aposta pola participación da sociedade ou o fomento de accións de impulso ao voluntariado. De feito, lembrou que esta iniciativa se inclúe no avance da programación do vindeiro Xacobeo 21, presentada esta semana, e que tamén incorpora máis de 40 actividades neste eido nas que se agarda a participación de máis de 15.000 persoas.

Tamén neste ámbito recordou a posta en marcha do programa Voluntariado no Camiño que se desenvolverá no Camiño Portugués, o Camiño Francés e a Vía da Prata.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre