Inicio Galicia A Xunta asina cos concellos de Oleiros e da Coruña o convenio...

A Xunta asina cos concellos de Oleiros e da Coruña o convenio da chegada dos autobuses urbanos a Santa Cristina

0

O Goberno galego remitiulles hoxe aos municipios o acordo, xa rubricado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, para poñer en marcha o servizo de autobús o vindeiro 15 de xuño


A Xunta vén de remitirlles hoxe aos concellos de Oleiros e A Coruña o convenio de chegada dos autobuses urbanos ata Santa Cristina para a súa sinatura, tras ser firmado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Este acordo, unha vez asinado por todas as partes, neste caso, a Xunta e os concellos, permitirá poñer en marcha o servizo de autobús o vindeiro 15 de xuño.

A Lei de racionalización do sector público autonómico establece a necesidade de asinar un convenio entre administracións, que debe someterse tamén á consideración das empresas de transporte afectadas mediante o procedemento de audiencia.

A Consellería de Infraestruturas seguiu o procedemento establecido na lexislación co obxectivo de cumprir o compromiso de impulsar a aprobación do convenio de ampliación do servizo de transporte urbano da Coruña con penetración no termo municipal de Oleiros para a época de verán.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre