Inicio Galicia A Xunta asina co Real Club Celta de Vigo un contrato de...

A Xunta asina co Real Club Celta de Vigo un contrato de patrocinio para colaborar na loita contra a violencia de xénero

0

O Goberno galego destaca o potencial educativo do deporte para concienciar á mocidade sobre a igualdade entre mulleres e homes


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia do deporte como potencial educativo para concienciar á mocidade sobre a tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero, durante a sinatura do contrato de patrocinio co Real Club Celta de Vigo. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o presidente do equipo vigués, Carlos Mouriño, asinaron hoxe este acordo que ten como obxectivo a prevención fronte á violencia de xénero. Ao acto tamén acudiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

A través deste convenio desenvolveranse medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e tamén asinarán convenios similares outros clubs senlleiros de Galicia como o Real Club Deportivo da Coruña e o CD Lugo, así como os equipos de baloncesto Obradoiro CAB e C.

B Breogán.

Segundo o convenio asinado hoxe, o Real Club Celta de Vigo deberá presentar a campaña, difundila e dedicar un partido do equipo a esta temática.

Alfonso Rueda incidiu na importancia do deporte para educar e inculcar valores e, por tanto, tamén como ferramenta de loita pola igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo e na vida. Por iso, calificou aos deportistas e aos clubs como o Celta de Vigo como embaixadores da loita contra a violencia de xénero e agradeceu a súa implicación e colaboración para visibilizar esta lacra.

O vicepresidente da Xunta resaltou a necesidade destas colaboracións porque a eliminación da violencia contra as mulleres precisa do compromiso de toda a sociedade e a máxima colaboración das institucións.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, lembrou como xa nas orixes do pobo galego, a sociedade celta recoñecía en gran medida o papel da muller que se atopaba moi ben valorada. Neste sentido, destacou a sensibilidade especial do Celta ante a lacra da violencia de xénero e cominou ao presidente da entidade a poñer en marcha un equipo de fútbol feminino para seguir acadando fitos en aras da igualdade.

Este contrato forma parte do convenio de colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero entre a Vicepresidencia da Xunta e a Secretaría Xeral para o Deporte. A iniciativa conta con medidas como campañas de sensibilización entre diferentes colectivos das federacións deportivas galegas como o colectivo arbitral, o programa Xogade nos centros educativos, ou os contratos de patrocinios con 25 deportistas de elite galegos clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

No acordo en materia de deporte ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero tamén participan equipos de alto nivel e clubs profesionais de fútbol e baloncesto, entre eles o Real Club Celta de Vigo, para a promoción de campañas relacionadas coa violencia contra as mulleres a través dos clubs galegos de alta competición.

A colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte forma parte dunha serie de acordos ratificados entre os distintos departamentos da Xunta co obxectivo de impulsar medidas de carácter integral e transversal ao abeiro do Pacto de Estado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre