Inicio Galicia A Xunta asina a addenda ao convenio coa Confederación Hidrográfica de Miño...

A Xunta asina a addenda ao convenio coa Confederación Hidrográfica de Miño Sil e o Concello de Vigo sobre o abastecemento de auga

0

A Confederación Hidrográfica de Miño Sil comunicou a necesidade de asinar unha addenda ao acordo de colaboración coa Xunta e o Concello de Vigo


A Xunta asina a addenda ao convenio coa Confederación Hidrográfica de Miño Sil e o Concello de Vigo sobre o abastecemento de auga.

O Goberno galego vén de remitirlle ao organismo estatal a súa conformidade á modificación do convenio, motivada por un retraso no inicio dos traballos por parte da Confederación Hidrográfica de Miño Sil conforme o previsto.

Cómpre lembrar que o citado organismo hidráulico estatal, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, comunicou en setembro a necesidade de asinar unha addenda ao acordo de colaboración co Goberno galego e o Concello de Vigo.

A Confederación Hidrográfica non chegou a adxudicar o estudo que lle correspondía e cómpre reaxustar os gastos anuais, xa que en 2019 non vai ser posible comezar os traballos.

As tres administracións acordaron o 26 de outubro de 2018 procurar conxuntamente a mellor solución para garantir o abastecemento de auga no sur da provincia de Pontevedra a longo prazo, unha vez evidenciados problemas estruturais no sistema durante o episodio de seca de 2017.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre