Inicio Galicia A Xunta asesora o proxecto da Cooperativa Agrigga para ampliar e mellorar...

A Xunta asesora o proxecto da Cooperativa Agrigga para ampliar e mellorar o seu negocio de produción e venda de carne de vacún

0

Directivos e técnicos das consellerías do Medio Rural e de Economía, Emprego e Industria reuníronse cos responsables desta entidade para coñecer unha iniciativa coa que pretenden pechar o seu ciclo produtivo adquirindo un matadoiro


A Sociedade Cooperativa Agrigga carne solicitou o apoio da Xunta para ampliar e mellorar o seu negocio de produción e comercialización de vacún de carne. Esta entidade pretende adquirir un novo matadoiro para pechar o seu ciclo produtivo e, con tal motivo, pediu o asesoramento da Administración autonómica.

Para dar a coñecer o seu proxecto, os responsables da cooperativa mantiveron hoxe en San Caetano un encontro de traballo con representantes das consellerías do Medio Rural e de Economía Emprego e Industria.

En concreto, por parte de Medio Rural estiveron presentes os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, así como técnicos de ambos departamentos. En representación da Consellería de Economía, Emprego e Industria participaron na xuntanza técnicos de Xesgalicia, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Os representantes da Xunta comprometéronse a estudiar o proxecto de Agrigga e a facilitarlles asesoramento para levalo a cabo, dentro das liñas de fomento da actividade económica e empresarial de Galicia e, máis concretamente, no que atinxe ao agro da nosa comunidade. Agrigga carne agrupa uns 200 gandeiros de vacún e conta con arredor de 6.000 vacas nutrices. Comercializa uns 4.000 canais ao ano.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre