Inicio Galicia A Xunta arranca os espectáculos do Nadal do Gaiás cunha tarde de...

A Xunta arranca os espectáculos do Nadal do Gaiás cunha tarde de música e circo para público familiar

0


A música e o circo foron os grandes protagonistas esta tarde na Cidade da Cultura co espectáculo Orquestra de malabares, un proxecto da banda Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. Dirixido especialmente a público infantil e familiar, este diálogo escénico entre seis malabaristas e unha banda de música congregou no Museo Centro Gaiás a un público de máis de 400 persoas no primeiro dos espectáculos programados con motivo dos festexos do Nadal no Gaiás. O evento contou tamén coa asistencia do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo.

Orquestra de malabares foi ademais o espectáculo de peche de Viraxes, o ciclo de concertos promovido pola Consellería de Cultura e Turismo no que as bandas populares lle deron unha volta aos seus repertorios máis tradicionais mesturando a súa música con xéneros como a clásica, o teatro ou o circo. Todos os concertos que conformaron este ciclo foron seleccionados na convocatoria dos Premios Innova, promovidos pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co obxectivo de fomentar a experimentación no eido musical.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre