Inicio Galicia A Xunta apunta á formación como dinamizadora do emprego de calidade e...

A Xunta apunta á formación como dinamizadora do emprego de calidade e da inserción laboral para as persoas con discapacidade

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá de xeito telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Inserta Innovación, que apoia a autonomía profesional de persoas con diversidade funcional

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá de xeito telemático cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación Inserta Innovación, que apoia a autonomía profesional das persoas con diversidade funcional.

Durante o encontro, Casal apuntou ao papel central que xogará a formación como dinamizadora da recuperación económica e laboral, ao facilitar a ocupabilidade e ofrecer máis oportunidades para as persoas con discapacidade, fortalecendo ao mesmo tempo o tecido empresarial. Así, o director sinalou que a base do emprego de calidade está na mellora das competencias dos profesionais, que contribúen a diversificar o modelo produtivo.

A este respecto, o responsable de Orientación e Promoción Laboral puxo énfase na realidade dixital que deben adquirir os novos traballadores, e apelou a fomentar unha formación dirixida a responder ás necesidades tecnolóxicas das propias empresas. Deste xeito, salientou Casal, facilitarase a internacionalización e a adaptación aos novos mercados laborais.

O director vinculou a recuperación laboral á consecución dos programas formativos, que durante o estado de alarma foron readaptados a un formato en liña. Sen embargo, Casal destacou que a vontade da Xunta é a finalización práctica do curso, que volvería a un modelo presencial a partir do vindeiro 1 de xullo, adaptando os protocolos sanitarios pertinentes para ofrecer plenas garantías de seguridade.

O PIE da Asociación Inserta Innovación conta con 100 participantes con discapacidade e en situación de desemprego. O alumnado recibe formación técnica para optimizar as súas competencias laborais, incluíndo aprendizaxe en novas tecnoloxías e idiomas. Ademais, teñen á súa disposición servizos de asesoramento profesional e de coaching motivacional, contando así mesmo coa posibilidade de realizar prácticas en empresas de distintos sectores.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre