Inicio Galicia A Xunta aprobará no último trimestre do ano unha nova Oferta Pública...

A Xunta aprobará no último trimestre do ano unha nova Oferta Pública de Emprego

0

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen detallou no Parlamento as melloras impulsadas polo seu departamento en materia de recursos humanos


Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018.- No último trimestre do ano o Servizo Galego de Saúde aprobará unha nova oferta pública de emprego na que esgotará a taxa de reposición. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña no Parlamento de Galicia, onde detallou as melloras realizadas polo seu departamento en materia de recursos humanos.

Dende a Consellería de Sanidade estase a traballar para dar resposta aos actuais desafíos da atención primaria como son a cronicidade, o envellecemento poboacional e a dispersión xeográfica. Entre as iniciativas levadas a cabo tanto nesta lexislatura como na anterior, o conselleiro destacou as distintas ofertas públicas de emprego esgotando a taxa máxima de reposición.

Almuiña subliñou, na súa intervención, que o seu departamento priorizou nas últimas ofertas de emprego as categorías propias de atención primaria, como médico de familia, pediatra e enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria. Ao respecto, lembrou que o vindeiro 25 de novembro celebraranse as probas para cubrir 214 prazas de médico de familia. En total, no período 2012-2017 ofertáronse 1.358 prazas de médico de familia e persoal de enfermería.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

O incremento das prazas MIR é outra das iniciativas sinaladas polo conselleiro, posto que este ano Sanidade realizou a maior oferta dos últimos anos con 404 prazas, aumentando a 105 as prazas para medicina familiar e comunitaria, 7 máis que en 2017.

O Sergas incorporou tamén unha política de flexibilización da idade de xubilación, permitindo aos profesionais continuar no servizo activo máis aló do cumprimento dos 65 anos en todas as categorías.

Non se esqueceu de sinalar o conselleiro que, por primeira vez en Galicia, iniciouse este ano un sistema ordinario de carreira profesional para todos os colectivos do Sergas. Este sistema permitirá máis de 22.000 recoñecementos de grao no 2018, cun pago que se iniciará no 2019. Este recoñecemento de carreira profesional sitúa a Galicia como unha das comunidades que recoñece carreira ao persoal interino con plenitude de dereitos ao mesmo nivel que o persoal fixo.

Ademais, o Sergas e os sindicatos asinaron, o pasado día 16, un acordo de modificación do pacto de selección de persoal estatutario temporal a efectos de facilitar que o persoal substituto de longa duración poida optar a nomeamento de interino e, ao mesmo tempo, poida acceder ao sistema de carreira ordinaria. Este acordo beneficiará a uns 1.500 profesionais.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Xunto ao incremento de prazas, o Executivo galego recuperou a paga extra de 2012, a suba do 1% das retribucións no 2016, a devolución do complemento específico adicional de xaneiro e febreiro de 2013, e procedeu á recuperación dos días de libre disposición máis os días adicionais de vacacións.

Ademais, na Lei de Orzamentos de 2017 recuperáronse os complementos específicos adicionais das pagas extras de xuño e decembro, así como un incremento do 1% máis de suba nas retribucións.

Almuiña destacou, especialmente, o importante paso que supuxo a sinatura do Plan de estabilidade do emprego no que se plasmou o compromiso do Goberno galego por reducir a temporalidade no Sergas, o que está permitir reducir ata un 5% a porcentaxe que representa o persoal eventual.

Asemade, grazas á modificación da Lei de Saúde, o Sergas puxo en marcha o concurso de traslados aberto e permanente coa fin de potenciar a conciliación da vida laboral e familiar dos seus profesionais, así como a cobertura das necesidades asistenciais. Xa se efectuaron as primeiras convocatorias conforme a este novidoso sistema, con 339 adxudicacións das que 293 son médicos de familia.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Persoal dos PACs e Innovación tecnolóxicaRespecto das demandas do persoal dos Puntos de Atención Continuada, Almuiña dixo que o Sergas mantén o diálogo e ten unha postura receptiva para seguir a negociar cos representantes dos PACs no seo da comisión técnica creada para estes efectos. Sinalou que leváronse a cabo cinco reunións e a negociación segue aberta e activa. Diálogo, compromiso e responsabilidade son as premisas coas que se están a levar estas negociacións, -remarcou o conselleiro-.

Para finalizar a súa intervención, Almuiña destacou a incorporación das novas tecnoloxías en beneficio do paciente entre as que citou a plataforma Telea, a consulta telefónica, o fogar dixital ou a e-interconsulta, que facilitan o traballo dos profesionais e proporcionan unha mellor atención á cidadanía. 


- Te recomendamos -