Inicio Galicia A Xunta aproba o proxecto de ensanche e mellora da rúa Fisterra,...

A Xunta aproba o proxecto de ensanche e mellora da rúa Fisterra, na cidade de Lugo, coa fin de facilitar a mobilidade na contorna

0

O Goberno galego avanzará nos vindeiros meses nas expropiacións e na licitación das obras, que se executarán no ano 2021 cun orzamento de máis de 75.000 euros

A Xunta vén de aprobar o proxecto de mellora e ensanche da rúa Fisterra, coincidente coa estrada LU-114, en Lugo, coa fin de facilitar a mobilidade nesta contorna.

O Goberno galego achegará un investimento de máis de 75.000 euros, incluídas as expropiacións, para acometer estas actuacións que reforzarán a seguridade viaria na área.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanzará nos vindeiros meses no procedemento expropiatorio e na licitación das obras, que se executarán no ano 2021.

O obxecto da actuación é a eliminación do tapón urbanístico desta rúa lucense mediante o seu ensanche e mellora no entorno do punto quilométrico 1+100.

Actualmente existe neste punto unha finca con varias edificacións que impide homoxeneizar o ancho ao do resto do vial. Para completar a sección transversal é necesaria a execución dunha banda de aparcamento de 2,5 metros de ancho e da beirarrúa de 1,75 metros.

Para isto, é preciso demoler as edificacións e as instalacións existentes, así como o muro de contención. Construirase un muro para a contención de terras cunha altura máxima de 2 metros e un novo peche para a parte da citada finca.

Como actuación complementaria, reporase o servizo de abastecemento, así como a rede eléctrica e de telefonía. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre