Inicio Galicia A Xunta aproba o Plan galego de hospitalización a domicilio 2019-2023 para...

A Xunta aproba o Plan galego de hospitalización a domicilio 2019-2023 para estender ao 100% do territorio os 365 días do ano esta modalidade asistencial

0

Feijóo sinala que non só se reforza un sistema que funciona e que os galegos valoran ben, senón que se prepara a sanidade pública para as vindeiras décadas


Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, do visto e prace ao Plan galego de hospitalización a domicilio 2019-2023. O orzamento co que estará dotado será de 2,5M€.

En concreto, ampliará a cobertura destes coidados de rango hospitalario necesarios que hoxe reciben no domicilio 6.000 pacientes ao 100% do territorio os 365 días do ano. ”De non existir este servicio, as persoas que hoxe o reciben terían que estar hospitalizadas”, engadiu.

Segundo explicou o titular da Xunta, trátase dunha alternativa que os pacientes valoran porque repercute na súa calidade de vida, na das súas familias e reduce as complicacións relacionados coa asistencia sanitariaDeste xeito, insistiu, non só se reforza un sistema que funciona e que os galegos valoran ben, senón que se prepara a Sanidade Pública para as vindeiras décadas tendo en conta o envellecemento da poboación e a atención á cronicidade.

Co obxectivo de potenciar e consolidar esta modalidade asistencial, o plan aprobado hoxe contempla importantes novidades, tales como a aposta pola equidade na prestación do servizo. De xeito progresivo pasarase da cobertura actual do 75% ao 100% coa activación da asistencia a domicilio todos os días do ano.

Ademais, para garantir a calidade do servizo incrementarase un 33% o número de equipos, pasando dos 45 actuais aos 60, o que será posible grazas ao aumento en 45 profesionais da dotación en recursos humanos. Tamén se aumentará a flota con 15 novos vehículos.

Así, o dito plan permitirá mellorar e ampliar este servizo co establecemento dos novos modelos asistenciais de HADO, coa organización asistencial, co desenvolvemento de sistemas de información e coa programación da formación e a investigación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre