Inicio Galicia A Xunta aproba a maior orde de axudas da historia destinada a...

A Xunta aproba a maior orde de axudas da historia destinada a entidades de iniciativa social, dotada con 17,8 millóns de euros

0
image_gallery.jpg

Este orzamento supón un incremento do 12% con respecto á ultima convocatoria, correspondente aos anos 2018-2020


A Xunta aprobou a maior orde de axudas da historia destinada a entidades de iniciativa social, dotada con 17,8 millóns de euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta resolución, que pon á disposición do tecido asociativo de Galicia fondos para desenvolver actividades entre os anos 2020 e 2022 dirixidas ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión.

Este orzamento supón un incremento do 12% con respecto á última convocatoria, a de 2018-2020. Trátase da sétima vez consecutiva que se aumenta o crédito desta orde de axudas, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A última convocatoria desta liña de subvencións financiou 846 proxectos, e estímase que neste exercicio poidan facerse realidade arredor de 946 propostas.

A través desta orde as entidades poderán cubrir gastos de funcionamento dos centros de inclusión e emerxencia social, así como actuacións singulares que complementen os servizos sociais básicos. Estas achegas tamén se poden destinar ao financiamento de servizos de formación adaptada; intervencións en zonas de exclusión e apoio á integración sociolaboral; iniciativas de inclusión da poboación inmigrante e investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.

O reforzo desta liña de axudas contribuirá tamén a paliar as consecuencias que está a ter a pandemia do COVID-19 nos colectivos máis desprotexidos, como son as persoas sen fogar, en risco de exclusión ou inmigrantes.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre