Inicio Galicia A Xunta aproba a maior orde de axudas a entidades de inclusión...

A Xunta aproba a maior orde de axudas a entidades de inclusión social na provincia da Coruña por un valor de 10,6 M?

0

Póñense á disposición de 56 institucións benéficas da provincia para os gastos de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia ou actuacións que complementen os servizos sociais básicos, entre outros

A Xunta aprobou a maior orde de axudas a entidades de inclusión social da historia que destinará 10,6 millóns de euros a 56 organización da provincia da Coruña. Destinaranse a financiar gastos de funcionamento de centros de inclusión social, así como o desenvolvemento de actividades nos vindeiros dous anos dirixidas ás persoas e familias en situación ou risco de exclusión entre 2020 e 2022.

Este orzamento supón un incremento do 16,4% con respecto á última convocatoria, a de 2018-2020. No conxunto da comunidade destínanse 17,8 millóns de euros que se repartirán en 128 organizacións. Trátase da sétima vez consecutiva que se aumenta o crédito desta orde de axudas, que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A última convocatoria desta liña de subvencións financiou 846 proxectos, e estímase que neste exercicio poidan facerse realidade arredor de 964 propostas.

A través desta orde as entidades poderán cubrir gastos de funcionamento dos centros de inclusión e emerxencia social, así como actuacións singulares que complementen os servizos sociais básicos. Estas achegas tamén se poden destinar ao financiamento de servizos de formación adaptada; intervencións en zonas de exclusión e apoio á integración sociolaboral; iniciativas de inclusión da poboación inmigrante e investimentos en centros de inclusión e emerxencia social.

O reforzo desta liña de axudas contribuirá e axudará tamén a paliar as consecuencias que está a ter a pandemia do COVID-19 nos colectivos máis desprotexidos, como son as persoas sen fogar, en risco de exclusión ou inmigrantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre