Inicio Galicia A Xunta aproba 5 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 1,8M?...

A Xunta aproba 5 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 1,8M? para a fabricación de equipos de protección fronte á covid-19

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas


Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nunha nova xuntanza do Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, que aprobou apoiar cinco novos proxectos de pemes galegas que van mobilizar 1,8M€ para a fabricación de medios de protección fronte á covid-19.

Unha desas iniciativas, presentada pola empresa Grafoplás del Noroeste, de Culleredo (A Coruña), é o primeiro proxecto que vai resultar beneficiado na convocatoria de axudas Inviste Covid, que a Xunta puxo en marcha con 5M€ para apoiar proxectos de prevención de maior envergadura. Esta empresa propón a posta en funcionamento dunha nova liña de actividade que vai supoñer a creación de entre 8 e 20 postos de traballo para a fabricación de máscaras cirúrxicas e FPP2, con válvula e sen válvula, cunha capacidade de produción estimada de 283.000 unidades diarias. Suporalle un investimento de 1,25 millóns de euros aos que a Xunta achega 800.000.

Xunto con este proxecto, tamén foron aprobados os da empresa Anovada, de Santiago de Compostela, que vai instalar unha nova liña para a fabricación de 40.000 máscaras FPP2 diarias, cun investimento superior aos 300.000 euros dos que a Xunta achega 100.000 euros de apoio. O de Generxia San Roque, de Cartelle (Ourense), con 34.000 euros de investimentos dos que 25.500 son en axudas, para a fabricación de hidroxeles, cunha capacidade de produción estimada de 2.000 botellas ao día. O da empresa coruñesa Moagula que, cunha axuda de máis de 21.000 euros, investirá un total de 63.000 euros para a fabricación e comercialización de máscaras reutilizables. E o da empresa Tecdisma, de Mos, que vai contar cunha axuda de 100.000 euros para fabricar máscaras hixiénicas desbotables, cun investimento total de case 160.000 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre