Inicio Galicia A Xunta apostar por seguir fomentando o emprendemento feminino para acadar unha...

A Xunta apostar por seguir fomentando o emprendemento feminino para acadar unha sociedade máis igualitaria

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o centro Lingoreta en Vigo, que resultou beneficiario dunha axuda do programa Emega


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por seguir fomentando o emprendemento e o emprego feminino como unha das fórmulas para acadar unha sociedade máis igualitaria.

Así o destacou hoxe durante a súa visita ao centro Lingoreta en Vigo, que resultou beneficiario dunha axuda do programa Emega. No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Deste xeito, comprende catro liñas de axudas: dúas para apoiar a posta en marcha de empresas (liña Emprende e a ITEF, destinada esta última a iniciativas de base tecnolóxica); outra para a mellora das empresas (liña Innova); e unha cuarta para a reactivación (liña Activa). Estas liñas compleméntanse con medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral (axuda complementaria Concilia); así como para facilitar o acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos seus proxectos empresariais (axuda complementaria Dual).

O programa Emega é, en definitiva, unha iniciativa para a promoción, participación e progresión das mulleres no mercado de traballo e no desenvolvemento da súa actividade profesional, así como para aproveitar a súa potencialidade e as novas oportunidades de negocio, singularmente, no terreo da innovación (I+D+i), das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e no medio rural; co fin de promover unha maior participación na actividade económica e laboral, así como para contribuír a un crecemento intelixente, sustentable e integrador sen desigualdades entre mulleres e homes, a unha maior cohesión social e territorial e á revitalización demográfica en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre