Inicio Galicia A Xunta aposta por un modelo de formación dual e flexible para...

A Xunta aposta por un modelo de formación dual e flexible para xerar emprego de calidade no proceso de dixitalización industrial

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en León no ‘I Encontro trilateral APD: Retos que nos unen. Pancas a compartir’


León, 6 de novembro de 2018.- A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en León no I Encontro trilateral APD: Retos que nos unen. Pancas a compartir, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección, onde salientou a importancia de apostar por un modelo de formación dual e flexible para xerar emprego de calidade no proceso actual de dixitalización industrial.

Toca salientou que a formación é o mellor investimento que poden facer as empresas galegas para afrontar os retos da Industria 4.0 e anticiparse, así, ao emprego que vén, sinalando que o Orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria para 2019 destina 145 millóns de euros para programas de formación e orientación adaptados ás necesidades das empresas para seguir avanzando na creación de máis e mellores postos de traballo. Apuntou que se trata dun proxecto económico ambicioso e de futuro para Galicia que se centra no apoio á dixitalización da industria e no emprego de cualificado e de calidade. Así, as Contas de Economía, Emprego e Industria para 2019 crecen un 9,2% con respecto a 2018 ata chegar aos 570 millóns de euros.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

A secretaria xeral de Emprego indicou a importancia da colaboración institucional e dos axentes sociais e económicos nun mercado laboral que está cambiando co fin de anticiparse e dar resposta aos novos perfís profesionais que está demandando o tecido produtivo. Así, avogou por avanzar en novas ferramentas que poidan dar respostas á transformación que está a vivir o mercado laboral indicando que a Administración Autonómica ten en marcha a Axenda 20 para dar resposta ao novo modelo produtivo.

Toca, neste senso, insistiu na necesidade de apostar por unha formación continua e dual que permita contar con traballadores cualificados. Por este motivo, o Goberno galego conta con medidas que van neste camiño, cunha formación adaptada e á carta. Así enumerou programas como as Unidades Formativas, os plans específicos para o naval, a automoción ou o forestal ou os obradoiros duais. Iniciativas que se complementan con outras que pretenden potenciar e captar talento para o ecosistema innovador galego.

En 2019, ademais, daranse novos pasos, coa creación de especialidades formativas que formarán parte dun catálogo específico para os sectores estratéxicos de Galicia, e o programa de segunda oportunidade dirixido a 1.000 mozos e mozas galegas.

Leer más:  Stellantis Vigo ve difícil superar la producción de 2023 y espera que el Perte se resuelva a final de mes

- Te recomendamos -